Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2020

Ler, escribir e pasar o tempo en Galego

Podedes contactar comigo a través do correo... oscar@colexiomartincodax.com

A tecnoloxía estanos axudando nestes días, ás veces serve para divertirnos e no noso caso manternos en contacto con vós, pero non hai que esquecer que máis de dúas horas diante da pantalla comeza a xerar un deterioro cognitivo.
Dende a nosa escola, tódalas actividades que vos propoñemos teñen un carácter voluntario, e por suposto non serán avaliables, non vos imos poñer nota por elas.
Coas nosas propostas pretendemos buscar un pouquiño de diversión educativa e manter entrenado o cerebro. A continuación déixovos enlaces a contidos en galego que vos axudarán a levar mellor (ou encher) os tempos nos que non saibades moi ben que facer.  Estes días irei subindo as historias que me mandedes (a idea que teño é poñervos un audio das mesmas, para que as escoitedes e poidades desfrutar da gran creatividade que posuídes. Dalgunhas, se podo ou me dades permiso, tamén farei pequenas versións en formato vídeo, para desfruta…